Marín regalará condóns polo Día dos Namorados
Por Oskar Viéitez
A Concellería de Benestar Social do Concello de Marín, a través do Centro de Información a Muller (CIM), inicia unha campaña de prevención e sensibilización o día 14 de febreiro, co lema "Protexe o amor".
Esta iniciativa é froito da colaboración coa Consellería de Sanidad, Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, e consistirá na repartición de material preventivo como preservativos e material informativo e divulgativo.
O obxectivo é fomentar o uso correcto do preservativo como medio de prevención de enfermidades de transmisión sexual e evitar a infección polo VIH/sida, pois está comprobado que é a medida máis eficaz.
O material a repartir consiste nunhas caixas de lata reutilizables con deseños de colección de varios cores, provistas con tres preservativos.
O Concello de Marín pon a disposición da cidadanía este material de forma gratuíta nas seguintes dependencias municipais: CIM e Servizos Sociais - Finca de Briz, Biblioteca Municipal e Concello