A Policía dá unha charla a directivos de empresas de transportes para evitar roubos
Por Oskar Viéitez
Directivos das principais empresas de transporte e mensaxería da provincia de Pontevedra acudiron este venres á Comisaría do Corpo Nacional de Policía para participar nunha charla de carácter preventivo, enmarcada dentro do "Plan Comercio Seguro", na que se deu a coñecer a este colectivo algúns consellos para evitar roubos.
Segundo datos do Ministerio de Interior en España os furtos de mercadorías en camións aumentaron un 69% nos últimos catro anos.
Increméntanse os furtos mentres que permanece nos mesmos niveis o número de roubos, aínda que cada vez máis sofisticadas as técnicas para cometer este tipo de delitos.
Os responsables das empresas de transportes que se deron cita en Pontevedra, enfróntanse con estas situacións a diario o que supón un grande impacto económico para as compañías. A aseguradoras téñeno moi presente de modo que esta sinistralidade repercute no cálculo das primas e o roubo no transporte de mercadoría, dende as modalidades ata a prevención.
O axente Manuel Pérez, delegado de Participación Ciudadana da Comisaría, foi o encargado de dirixir a charla na que tamén se tratou o modus operandi das bandas de delincuentes organizadas, así como os lugares onde este tipo de delitos son máis frecuentes.
Entre outros consellos recoméndase efectuar análise de risco ao calcular as rutas, controlar de acceso á información sensible dentro da empresa, nas subcontratacións de portes ou identificar perfectamente a empresa que recolle a mercadoría. Outras observacións son máis evidentes como que os vehículos con toldo son máis accesibles, que se debe extremar a vixilancia durante a carga e descarga ou a importancia de dar formación aos condutores, por exemplo de como estacionar en áreas de servizo.
Pero mesmo se aconsella non falar sobre o contido da carga nas áreas de servizo, instalar precintos e localización GPS ou mesmo instalar un botón de pánico, ou a necesidade de observar posibles seguimentos ou sinalización do vehículo (pilotos rotos, marcas con spray, etc.).
Ademais de previr os furtos ao descoido ou os roubos con forza, un dos principais obxectivos do encontro foi fomentar a confianza nas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e perfeccionar a resposta policial na súa actuación con este colectivo empresarial.