Figueroa cualifica de 'problema menor' as malas condicións de traballo do Parque de Maquinaria
Por Redacción
O portavoz da Xunta de Goberno da Deputación Provincial, José Manuel Figueroa, entende que é un "problema menor" a denuncia realizada polo sindicato Comisións Obreiras sobre as malas condicións de traballo que se producen no Parque de Maquinaria da entidade provincial.
Figueroa apuntou que "cos sindicatos hai unha relación correcta e respectuosa. Eles teñen que facer o seu papel. Intentamos que os servizos teñan as mellores condicións. Se hai algún problema resolverémolo sentándonos nunha mesa e buscándolle solucións."
Neste sentido, o vicepresidente da Deputación manifestou ademais que "eu diría que se ese é o gran problema dos sindicatos cun goberno como o noso na Deputación é un problema importante pero menor. Eu non vou desacreditar o seu traballo, vou respetalo pero se na relación sindicatos e goberno é ese o problema eu consideraríame satisfeito porque temos vontade de solucionalo. Se poñemos na balanza todos os compromisos que resolvemos cos sindicatos, a balanza é moi positiva para o equipo de goberno".
José Manuel Figueroa reiterou: "Esta é unha cuestión menor, se me permiten".