Patricia Vilán: ¿O traslado do centro de saúde de Carballedo responde a algún interese comercial?
Por Oskar Viéitez
A deputada do PSdeG-PSOE, Patricia Vilán, rexistrou unha pregunta oral sobre a nova construción dun centro de saúde en Cotobade na que se dirixe á Consellería de Sanidade para que aclare, "se ten coñecemento de que o traslado do centro de saúde de Carballedo ao multiusos poda responder a algún interese comercial".
Recorda a deputada socialista que o goberno de Emilio Pérez Touriño comprometerá a construción dun novo centro de saúde en Cotobade, pero que coa chegada do Partido Popular ao goberno "pese a manter o compromiso non o cumpriu".
"O actual alcalde do PP decidiu non reclamar un novo centro senón arranxar a parte de abaixo do centro multiusos de Carballedo para á instalación nese lugar dos servizos sanitarios", sinala Vilán, que entende que ésta é unha "actuación de conivencia da Xunta de Núñez Feijoo a Deputación de Rafael Louzán e do alcalde" que priva aos veciños de Carballedo da sala multiusos do edificio.
"Non van construír un novo centro e ademais van adicar os recursos do plan de infraestruturas da Deputación para arranxar o multiusos", engade a parlamentaria socialista que explicóu que do plan de Deputación van retraer 170.000 para este arranxo do multiusos "aforrando así á consellería de Sanidade a inversión no novo centro".