Sanxenxo apura os preparativos do entroido
Por Redacción
A concellaría de Cultura de Sanxenxo deu a coñecer o programa do Entroido 2014, que encherá de actividades o municipio entre os días 2 e 9 de marzo.
Desfiles, talleres lúdicos e parodias protagonizarás unhas xornadas dirixidas a todos os públicos e que arrancarán o domingo 2 cun día protagonizado polos nenos co Desfile e Concurso Infantil de Disfraces, con premios totais de 1.000 aeuros a repartir entre os nove galardoados e que partirá ás 17:00 horas da Avenida Luis Rocafort para cruzar Silgar e finalizar na Praza dos Barcos.
O luns, martes e mércores produciranse as sesións dos Entroidiños, nas que os escolares entre os 3 e os 12 anos realizarán os seus propios disfraces. Será de 11:00 a 14:00 horas o luns no Edificio de Usos Múltiples de Portonovo, o martes no Pazo Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo e o mércores no Edificio de Usos Múltiples de Vilalonga.
Os festexos continuarán o mesmo mércores co Enterro da Sardiña organizado pola Asociación Amigos da Dorna de Portonovo (20:00 horas).
Para o venres día 7 quedará o Enterro da Cabra da Asociación de Mulleres Rurais A Candelaria (21:00 horas) e tamén as Parodias, estas últimas no porto de Portonovo (22:30), para finalizar o domingo 9 co tradicional Desfile e Concurso de Disfraces de adultos, que sairá dende Luis Rocafort ás 16:30 para pasar por Silgar, estrada da Lanzada e Rúa Rafael Picó ata o recinto portuario de Portonovo, cunha dotación de 7.000 euros para os 18 premios que estarán en xogo.
Os interesados en participar nalgún dos actos concursos poden recoller as bases no Pazo Emilia Pardo Bazán ou consultalas na web municipal.