Pomóvil Usado vendeu 84 coches de ocasión
Por Redacción
A edición de Pomóvil dedicada ao coche usado e de ocasión vendeu durante este fin de semana un total de 84 vehículos.
Sumando as dúas feiras Pomovil celebradas este mes pola Cámara de Comercio conseguiron vender 135 vehículos, segundo os resultados que fixo público a organización.
Os concesionarios participantes cualificaron ao Salón do Automóbil deste ano cun "notable" e valoraron especialmente "a premura coa que se organizaron as feiras".
O prezo medio dos vehículos vendidos este fin de semana situouse entre os 11.000 e os 12.000 euros, sempre segundo os datos feitos públicos polos concesionarios.
Esta última feira do motor, dedicada ao vehículo de ocasión, contou con 5.000 visitantes contabilizados xa que abonaban entrada.
Durante a xornada de onte e contados expresamente, houbo 36 persoas que se negaron a pagar 1 euro que custaba a entrada, e déronse media volta, non accederon ao salón.
Esta é a penúltima cita no calendario ferial programado para este ano pola Cámara de Comercio de Pontevedra, o próximo mes de decembro do 14 ao 16 na Alameda de Pontevedra montarase Ferpalia que se converterá nunha mostra que contará cunha comunidade autónoma invitada, que neste 2012 será Asturias.