Empotra o seu coche contra unha vivenda cando fuxía da Garda Civil
Por Redacción
Este suceso tivo lugar en Cambados ás seis e media da madrugada.
Tres novos viaxaban nun Audi A-3 cando se saltaron un sinal de Stop xusto diante dunha patrulla da Garda Civil, que inmediatamente deulle o alto.
Lonxe de deter o seu vehículo e atender a orde dos axentes, o condutor do Audi, un mozo de Vilanova de Arousa saíu fuxindo a gran velocidade.
A súa fuga terminou na estrada da Modia cando perdeu o control do seu coche empotrándose contra o portal dunha vivenda, arrincándoo de raíz.
Como consecuencia do forte impacto o condutor lesionouse na man dereita, mentres os outros dous ocupantes saíron con diversas contusións.
Ao lugar dos feitos trasladouse a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Cambados.
O condutor do Audi deu positivo na proba de alcoholemia.
A estrada permaneceu cortada durante case tres horas.