Luz verde ao McDonald's na Avenida de Lugo e á ampliación de Massimo Dutti
Por Alejandro Espiño
Case 1,3 millóns de euros. ÿ o investimento que realizará McDonald's, a coñecida multinacional de comida rápida, en Pontevedra. A Comisión de Urbanismo do Concello de Pontevedra concedeulle a correspondente licenza de construción, acondicionamento e instalación de edificio para albergar un restaurante na Avenida de Lugo, segundo informou este martes o concelleiro do área, Antón Louro.
O proxecto presentado en dependencias municipais reflexa que o restaurante terá unha superficie de 1.454 metros cadrados repartidos en dúas plantas e contará cun aparcamento soterrado para os seus clientes, situado no sótano. A ocupación máxima do establecemento está fixada en 252 persoas. O comezo das obras dependerá agora da empresa.
Este restaurante de McDonald's contará ademais co servizo denominado 'McAuto', que permite solicitar os pedidos desde o coche e sen necesidade de entrar no establecemento. Para iso, a empresa habilitará un carril de circulación perimetral ao edificio, aparcamentos en superficie e unha zona de terraza. Ademais, realizarán obras de urbanización cara ao frontal da parcela na Avenida de Lugo e na rúa lateral, que ampliará o seu ancho.
Na contratación destas obras investirase máis dun millón de euros, aos que hai que engadir os 100.000 euros gastados na demolición do edificio que ocupaba dita parcela, xa executado, e os 163.000 euros presupostados para as obras de urbanización exterior.
AMPLIACION DE MASSIMO DUTTI
Ademais, tal e como avanzara PontevedraViva, a Comisión de Urbanismo tamén concedeu licenza de obras para a reforma e ampliación da tenda que Massimo Dutti ten na rúa Benito Corbal. Estes traballos, nos que se investirán 25.000 euros, permitirán ampliar a segunda planta da tenda, destinada á roupa de muller, trala adquisición dunha vivenda colindante co establecemento.
En concreto, a tenda, que actualmente ocupa unha superficie de 716 metros cadrados, verase ampliada noutros 139 metros. Ademais, aproveitarase esta obra de reforma para mellorar a saída de incendios e instalar unha porta automática no acceso á rúa.
OUTROS ASUNTOS
Ademais, Antón Louro avanzou tres novas actuacións de reforma urbana que a súa concellería impulsará nos próximos meses. Trátase das obras de humanización na rúa Grecia de Monte Porreiro, concretamente na zona da urbanización que impulsa a inmobiliaria Anida, vinculada ao BBVA; na rúa do Forno, situada nas inmediacións da antiga delegación de Sanidade e en Blanco Porto, onde se executará a segunda fase.
Relacionadas:
-
Novo local de comida rápida para a avenida de Lugo: KFC pide licenza para instalarse á beira de McDonald's
Por Natalia Puga |
-
Todo a punto para a apertura do primeiro restaurante McDonald's de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Massimo Dutti pecha temporalmente para ampliar a súa tenda de Benito Corbal
Por Alejandro Espiño |
-
McDonald's aposta pola Avenida de Lugo: comeza a construír o seu McAuto
Por Alejandro Espiño |