Fiscalía pide cinco anos de prisión a un pai por venderlle cocaína ao seu fillo
Por Oskar Viéitez
A Sección Segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra sinalou para o próximo martes 25 de febreiro o xuízo contra Roberto A.C.B., de nacionalidade colombiana, por venderlle cocaína o seu fillo.
Segundo consta no escrito de acusación, o procesado viaxaba dende Madrid ata Lalín en autobús, portando en cada unha destas viaxes sobre 25/30 gramos de cocaína, en terróns prensados e duros envolvidos en bolsas, as devanditas substancias eran entregadas ao seu fillo Julio César C.V., o cal lle pagaba 22 euros o gramo, así como o billete de ida e volta, feitos polos cales Julio César xa foi axuizado.
O Ministerio Público afirma que esta viaxe se repetía cada trinta ou corenta días.
A Fiscalía da Audiencia de Pontevedra pide unha pena de cinco anos de cárcere unha multa de preto de 7.200 euros.