Sergio Pazos será o pregoeiro do Entroido marinense
Por Redacción
Marín atopou por fin ao pregoeiro do seu entroido. O actor galego Sergio Pazos foi o elixido polo goberno municipal. Así se revelou na reunión da comisión de festas na que se ultimaron os últimos detalles sobre todas as actividades que formarán parte da programación de Entroido 2014, que tamén quedou definida neste encontro. Ademais, desvelouse tamén o cartel deste ano.
Sergio Pazos é coñecido polos seus traballos en numerosos programas e series de televisión como Caiga quien caiga, Pratos combinados o Cuéntame cómo pasó. Por agora, non transcendeu ningún detalle sobre o seu pregón, pero desde o goberno local aseguran que "o que si nos asegurou é que nos vai a facer pasar un intre divertido e agradable para xa ir preparando o Entroido". Será o domingo 2 de marzo, ás 13.15 horas.
Será unha das grandes citas do entroido marinense, cuxas principais actividades serán as seguintes.
- Sábado 1 de marzo, 16.30 horas: Desfile infantil, polas seguintes rúas, rúa Real, praza do Reloxo, Porta do Sol, Doutor Touriño, avda. Jaime Janer e, para rematar, gran festa infantil na alameda coa entrega de premios e unha chocolatada. Ademais, haberá un "Photocall".
- Domingo 2 de marzo, 17.00 horas: Gran Desfile de disfraces e carrozas, que comeza na avenida de Ourense e remata no parque Eguren. A concentración dos participantes será ás 16.00 horas na praza do Regueiro, diante da Casa Pilán. Desfilarán polas seguintes rúas: praza do Regueiro, avda. de Ourense, praza de España, rúa Almuiña, avda. Jaime Janer, rúa Concepción Arenal, para rematar no parque Eguren.
- Mércores 5 de marzo, 20.00 horas: Enterro da Sardiña: saída pola rúa Almuíña, praza de España, Ejército y Marina, rúa da Ponte, rúa do Sol ata chegar á praza do reloxo, onde terá lugar o pregón. Ao rematar: saída pola rúa Real, rúa Almuiña, praza de España e Despedida ao Mar.
O resto do programa pódese consultar neste enlace.
Na reunión da comisión de festas tamén se deu conta do aumento de participación no número de comparsas e grupos, sobre todo na modalidade infantil, excedendo xa o número do ano pasado. En comparsas de adultos, este ano participarán comparsas de distintos lugares de Galicia que xa formalizaron a súa inscripción, polo que se prevé un desfile numeroso e cunha gran calidade no referido aos participantes.
Ademais, concretouse o importe das axudas que se dá a cada asociación que organiza algunha das actividades programadas do entroido. Trátase dunhas subvencións que se suman aos 15.000 euros que se repartirán finalmente en premios.
Relacionadas:
-
Moito humor festeiro, a pesar do mal tempo, no pregón de Serxio Pazos en Marín
Por Manu Cillán |
-
17 comparsas participarán no desfile infantil del Entroido de Marín
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Dez mil euros en premios para o Entroido de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Así será o Entroido de Marín
Por Redacción |