Poio baixa a súa débeda financeira e poderá volver pedir créditos
Por Oskar Viéitez
A comisión de Facenda del Concello de Poio actualizou esta semana o dato do endebedamento financeiro do municipio, unha vez confirmadas as amortizacións realizadas en 2013.
O Concello sitúase por debaixo do 75 por cento, concretamente no 70,74 polo que poderá volver pedir créditos, xa que cumpre cos requisitos de estabilidade presupostaria impostos polo Goberno central.
Non obstante aínda incumpre o prazo medio de pagamento de facturas. Supera o límite por 25 días, os seus últimos datos sitúan a demora en 55 días para o pagamento a provedores.
Os técnicos municipais solicitaron que se aclare a fórmula para calcular o prazo medio, xa que dubidan en cal é o momento no que empeza a contar o prazo para calcular a demora, se é dende que a factura se rexistra ou dende que é asinada pola autoridade local.
No pleno deste martes o Concello de Poio saldará as débedas que arrastra de 2013, habilitando unha partida de preto de 300.000 euros para aboar facturas e servizos a empresas e particulares.