Propoñen ata 2.000 euros de sanción para un taxista de Marín 'pillado' collendo clientes en Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Por apenas seis euros de servizo, un taxista de Marín podería chegar a pagar uns 2.000 euros ao Concello de Pontevedra. ÿ a proposta que se recolle no expediente sancionador que se iniciou a instancias da Xunta de Goberno municipal. Foi sorprendido ata en dúas ocasións pola Policía Local collendo clientes na cidade, algo prohibido para taxistas que teñan a súa parada noutra localidade.
Segundo a denuncia da Policía Local, a primeira vez que este taxista incumplió a normativa foi o pasado 17 de xaneiro. Ás 12.30 horas recolleu a unha persoa no Camiño do Ferro e trasladouna ata San Amaro. Os axentes advertíronlle de que non podía realizar este tipo de servizos en Pontevedra, pero o taxista fixo caso omiso.
Apenas unha hora máis tarde, ás 13.50 horas, foron dúas persoas as que se subiron ao seu vehículo, tamén no Camiño do Ferro. Nesta ocasión, unha delas baixouse en Rosalía de Castro, aínda que a Policía Local descoñece onde parou para deixar á segunda, xa que os axentes perdérono de vista debido ás circunstancias do tráfico.
O goberno municipal, á vista dos feitos, no expediente sancionador aberto fai unha proposta de sanción que oscila entre os 401 e os 2.000 euros.
OUTROS ASUNTOS DA XUNTA DE GOBERNO
Na Xunta de Goberno deste luns aprobouse tamén un novo regulamento de honras e distincións da Policía Local. Con este trámite adáptase esta normativa á Lei de coordinación da Policía Local de Galicia e supón, a efectos prácticos, que cada distinción que reciba un axente pontevedrés conte cunha baremación que posteriormente poidan alegar en concursos de mérito, ascensos ou oposicións.
Ademais, o goberno municipal ofertará nos próximos días a todas as entidades bancarias que conten con oficina física en Pontevedra a sinatura dun crédito de 2,95 millóns de euros para abordar investimentos con cargo ao orzamento de 2014. Ao non incumplir a Lei de estabilidade financeira pódese solicitar sen que a autorización da Xunta de Galicia. Admitirase que as entidades presenten ofertas por tramos ou pola totalidade do préstamo.