Escapa dun control de Tráfico e cázano porque ten un accidente
Por Natalia Puga
Un condutor sen carné intentou eludir un control da Garda Civil de Tráfico ignorando o sinal de 'alto' que lle fixeron os axentes. Finalmente, logrou ser interceptado porque se viu implicado nun accidente de circulación e detido por tres delitos.
Os feitos aconteceron na madrugada do sábado ao domingo. O control do que se fuxiu o protagonista produciuse na estrada de Poio a Campaño e o siniesto en Combarro.
O condutor, P.M.A., de 39 anos de idade e veciño de Poio, foi detido pola Garda Civil por tres delitos, dous contra a seguridade vial (condución temeraria e sen permiso) e un de desobediencia grave a axentes da autoridade.
Unha patrulla da Garda Civil estaba a realizar un control no punto quilométrico 0,800 da estrada PO-310 (Poio-Campañó). A Garda Civil deulle o alto a un vehículo marca Nissan, modelo Sunny, e este se dió á fuga dirección Campañó.
Inmediatamente, apoiados por outras patrullas de seguridade cidadá e do subsector de Tráfico, montaron un dispositivo de busca que derivou na localización do vehículo en Combarro. Sufrira unha saída de vía no quilómetro 5,900 da estrada PO-308.
O vehículo rexistrou danos considerables e os axentes procederon á detención do condutor e único ocupante, que resultou ileso.
O home, que conta con múltiples antecedentes policiais, foi postos a disposición do Xulgado de Instrución número tres de Pontevedra e quedou en liberdade con cargos.