Cada fogar pontevedrés podería aforrar 32 euros na factura de lixo se se duplicase a recollida selectiva
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra acolle este mércores unha xornada de traballo sobre a xestión dos residuos municipais na que se puxo de manifesto que a provincia de Pontevedra separou en 2013 un total de 23.121 toneladas de papel, cartón, envases e vidro, o que lle permitiu aforrar 5 millóns de euros.
O director xeral de Ecoembes, Oscar Martín Riva, subliñou o papel fundamental das administracións locais no incremento da reciclaxe de envases, que conseguiu o 70,3%.
A xornada Presente e futuro da xestión de residuos municipais ante o novo marco normativo, desenvólvense no Pazo e nela que participan técnicos e responsables municipais de máis de cen de concellos de España, así como membros dunhas cincuenta empresas, asociacións e entidades relacionadas coa xestión ambiental ou de residuos.
Na súa intervención, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, subliñou que a provincia de Pontevedra enviou a Sogama en 2013 un total de 345.000 toneladas de residuos "lo que supuso un coste de 46 millones de euros", mentres que se separaron e reciclaron 23.121 toneladas de papel-cartón, envases e vidro "que permitieron un ahorro económico superior a los 5 millones de euros".
Louzán incidiu en que estes datos son o suficientemente significativos como para apostar por unha mellor xestión dos residuos, dado que "sólo con duplicar la cifra de residuos enviados al reciclaje, reduciríamos la factura de la gestión en esta provincia en 10 millones de euros", e dicir, o custo da recollida e tratamento de lixo se reduciría en case 32 euros por vivenda.
Louzán mostrouse confiado en que esta iniciativa permita "definir líneas de trabajo que nos ayuden a todos a convertir los residuos no en un problema, sino en una oportunidad" afondando tamén "en una unificación de tasas y racionalización del servicio que permita poner fin al actual déficit del servicio".
Pola súa banda, o secretario xeral da Federación Española de Municipios e Provincial (FEMP), Anxo Fernández, incidiu na importancia tamén de realizar campañas de concienciación posto que "la participación ciudadana en este ámbito resulta esencial".
AGUSTIN HERNANDEZ DEFENDE O MODELO DE SOGAMA
Na súa intervención o conselleiro de Medio, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, defendeu o modelo de Sogama como "o mellor servizo do que poden dispoñer os concellos para a xestión e reciclaxe dos residuos de orixe doméstica".
No súa defensa da sociedade pública, Hernández ofreceu datos dos últimos cinco anos nos que Sogama "incrementou a súa eficiencia e produtividade" en case un 20%, reducindo as cantidades de residuos desviadas ao vertedoiro de Areosa nun 49%.
No pasado ano valorizáronse enerxeticamente en Sogama máis de 570.000 toneladas
No pasado ano valorizáronse enerxeticamente na planta máis de 570.000 toneladas, o que supuxo un incremento da súa eficiencia nun 4% con respecto ao ano anterior, e aumentou un 21% a recuperación de envases lixeiros recepcionar nas súas instalacións.
Finalmente Hernández sinalou que a actividade da nova instalación de Cerceda permitirá incrementar nun 80% o reciclado do vidro en Galicia, e "situarnos como a cuarta comunidade de España con mellores taxas "dende o posto 12 do ano pasado. Prevese unha clasificación de 30.000 toneladas anuais, o que supoñerá uns ingresos de arredor de medio millón de euros.
Por outra parte, o vicepresidente da Fegamp, Alfonso Villares, e a directora de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio, Guillermina Yanguas, fixeron un chamamento á concienciación social, para conseguir que a vertedura de residuos, que hoxe é a opción maioritaria, pase a ser a opción minoritaria, "en un principio de jerarquía que convierta en prioritaria la recuperación, reciclaje y valorización de los residuos".
A xestión dos residuos custa aos concellos galegos 180 millóns de euros
Finalmente, Alfonso Villares referiuse á reforma local, destacando que mantén aos concellos como administracións competentes á hora de prestar este servizo e de xestionar a recollida e tratamento dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU), pero "nos otorga un gran aliado", en referencia ás deputacións, que poderán asumir este servizo nos concellos de menos de 20.000 habitantes se estes así o aceptan.
Villares recordou que a xestión de RSU custa aos concellos galegos 180 millóns de euros, o que representa o 8% dos recursos municipais.
Relacionadas:
-
Máis de 20 concellos queren integrarse nun sistema provincial de recollida e tratamento de lixo
Por Redacción |
-
Agustín Hernández apela á "concienciación social" para que Galicia recicle en 2020 o 50% dos seus residuos
Por Redacción |
-
Os concellos pontevedreses aforran tan só 1,5 millóns de euros coa súa actual xestión de residuos
Por Redacción |