Irías a unha cea da que só coñeces a data?
Por Redacción
Trátase dun divertido misterio: unha cea secreta. Cunha lista de espera de máis de 200 persoas, estas citas son cada vez máis exclusivas, pois só celébranse catro ao ano, unha en cada provincia, entre os meses de marzo e setembro e contan cun aforo moi reducido.
A próxima cita será na provincia de Pontevedra pero os asistentes descoñecen en que lugar concreto vai celebrar, o menú, a identidade do resto dos invitados e todo o que pasará durante o evento ata o mesmo día da súa celebración.
A data elixida é o sábado 22 de xuño e o aforo é moi reducido.
Unha vez realizada a reserva, ás persoas apuntadas irán chegando todas as indicacións e, o mesmo día da cea, a través de mensaxe, recibirán a localización e hora á que comezará esta experiencia.
Graciela Castro, responsable de ONyVÁ Eventos, leva organizando estas ceas desde 2018 e asegura que "son unha gran oportunidade para vivir unha experiencia única e descubrir lugares incribles da nosa terra, mentres degustas un menú exquisito elaborado por algúns dos chefs máis vangardistas de Galicia".
Ata o momento contaron con localizacións tan singulares como un pantalán en pleno corazón da Ribeira Sacra, un barco de vapor en Vigo, unha Igrexa en Ribadavia e un teatro centenario en Viveiro, entre outros lugares.
Rafa Centeno, Luis Veira, Kike Piñeiro e Eloy Cancela, son algúns dos cociñeiros que elaboraron os menús desta iniciativa patrocinada por Cervezas Alhambra.
Son eventos cada vez máis exclusivos e, por agora "só se celebran en Galicia esperando o momento oportuno para poder cruzar fronteiras" explica Graciela Castro.