Gaspacho con atún claro en escabeche Pescamar
Chega unha nova entrega da serie "A cociña gourmet en conserva", da man de Conservas Pescamar. Nesta ocasión, ofrécenos unha receita refrescante para este tempo de verán: gaspacho con atún claro en escabeche Pescamar.
O atún claro é un peixe de sabor suave que destaca pola súa achega en proteínas de gran valor biolóxico e o seu alto contido en Omega-3.
Para preparar un delicioso Gaspacho con atún claro en escabeche Pescamar, necesitamos os seguintes ingredientes (6 persoas):
- 2 latas de Atún Claro en escabeche Pescamar
- 1 kg. tomates maduros
- 1 pemento verde italiano
- 1 cogombro
- 1 dente de allo
- 2 rebandas de pan duro
- 50 ml. aceite de oliva virxe extra
- 25 ml. de vinagre
- 250 ml. de auga fría
- Sal
Preparación:
Pasamos os tomates pola batedora. Engadimos as rebandas de pan apenas uns minutos para que se abranden.
A continuación, incorporamos no vaso da batedora o dente de allo, ao que previamente retirariamos a parte central para evitar que repita, o pemento e o cogombro cortados en anacos, o sal, o aceite oliva, o vinagre e as dúas latas de Atún Claro en escabeche Pescamar co seu líquido.
Batemos todos os ingredientes.
Para servir, distribuímos o gaspacho en tazóns, decoramos cun resto do pemento e cogombro picados e un chorriño de aceite de oliva.
En dúas semanas os produtos do mar serán de novo protagonistas dunha nova receita de "A cociña gourmet en conserva" de Conservas Pescamar.