O Pavillón da Cañota disfrázase de fantasía infantil
Por Redacción
A chuvia e o vento non impediron que decenas de nenos, acompañados polos seus pais, se achegasen durante este sábado 1 de marzo ata o Pavillón da Cañota de Marín para participar do desfile infantil organizado polo Concello.
Ante o elevado número de comparsas decidiuse trasladar a festa ata o pavillón, tras descartar o Multiúsos polo seu inferior aforamento. Desta forma, os nenos puideron gozar dunha divertida tarde de Entroido con disfraces de todos os estilos dende pilotos de aviación, viquingos, romanos ou indias ata robots metalizar.
Un amplo número de asistentes seguiron o desfile dende as bancadas do Pavillón.