Moito humor festeiro, a pesar do mal tempo, no pregón de Serxio Pazos en Marín
Por Manu Cillán
O coñecido actor e humorista Serxio Pazos puido enfrontarse á chuvia e ofrecer un divertido pregón ante os membros da corporación de Marín e o público que encheu o Salón de plenos do Concello.
Varias comparsas achegáronse ata a Casa do concello e numerosos nenos destas agrupacións rodearon, durante a súa intervención, o pregoeiro, que se disfrazou para a ocasión lucindo un traxe negro de tirantes e unha perruca branca. Tamén a alcaldesa de Marín, María Ramallo, e algúns dos concelleiros que participaron no acto vestíronse con disfraces para a ocasión.
Este acto evitou a suspensión de todas as actividades da programación do Entroido para este domingo xa que o desfile se trasladou para o mércores 5 ás 17 horas, antes do Enterro da Sardiña