A primeira eliminatoria de Murgas desborda o aforamento do Pazo da Cultura
Por Redacción
Os grupos Os do Val do Lérez. Sincronizadas olímpicas de Pontevedra, Don Jo-Don, Os da Baiuca, Os de Noalla, Os Garoulos e a Murga do Naveiro presenta Circogénesis foron os encargados de iniciar o Concurso de Murgas de 2014 que volveu rexistrar un cheo absoluto no patio de butacas do Pazo da Cultura durante a primeira semifinal. Foron moitos os seguidores deste evento que tiveron que seguir as interpretacións dende o vestíbulo das instalacións.
O certame volveu contar con ironía e enxeño a cachón por parte dos seis grupos participantes que nas súas coplas fixeron referencia, entre outros moitos temas, ás obras do Estadio de Pasarón, aos sobres do Partido Popular, ao Alcalde de Pontevedra e á investigación sobre Urdangarín e a Infanta Cristina.
Este mércores desenvolverase a partir das 21.00 horas a segunda semifinal tamén no Pazo da Cultura e o xoves será a final coa participación dos catro grupos que o xurado seleccione ao remate da segunda semifinal.
Relacionadas:
-
O 'Equipo Ja' gaña a disputada final do Concurso de Murgas co seu espectáculo 'Canta con Barbie'
Por Redacción |
-
Equipo Ja, Os do Val do Lérez, Colón PTV e Amoriños de Bora disputan a final do Concurso de Murgas
Por Redacción |
-
Once agrupacións participarán esta semana no Concurso de Murgas
Por Redacción |