170 hectáreas da base da Brilat xa son de Salcedo
Por Natalia Puga
Un total de 171 hectáreas do acuartelamento General Morillo da Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) xa son da comunidade de montes de Salcedo.
A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra ditou un auto no que declara firme a sentenza previa ditada polo Xulgado de Primera Instancia número 4 de Pontevedra que lle daban a titularidade de dos terreos aos veciños en detrimento do Ministerio de Defensa.
A Audiencia responde esta forma ao movemento xudicial realizado polo Concello de Pontevedra ao retirar o recurso interposto nun primeiro momento contra a sentenza ditada en primeira instancia.
O Concello anunciou que retiraría o recurso ao decatarse de que a Audiencia desestimara o intento do avogado do Estado por presentar un recurso (presentouno fóra de tempo, foi desestimado, recorrido e desestimado de forma definitiva).
A semana pasada a Audiencia recibiu formalmente esta petición do Concello por retirarse como parte recorrente no procedemento xudicial. Tras analizar que cumpría con todos os requisitos necesarios a nivel legal, a secretaria xudicial deu por bo o documento e declarou nulo o recurso e, polo tanto, se confirma sen posibilidade de recurso a sentenza inicial.
Aínda dado por pechado o litixio dos comuneros de Salcedo, hai aínda pasos pendentes na Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra en relación coa titularidade dos terreos que ocupa a base da Brilat.
A Audiencia revisará o próximo mércores 15 de novembro os recursos presentados contra as sentenzas xudiciais que dan a titularidade da práctica totalidade do monte que ocupa a Brilat ás comunidades de montes de Figueirido e Postemirón. En ambos os dous casos si chegou a tempo o recurso do Ministerio de Defensa presentado polo avogado do Estado.
Relacionadas:
-
A Audiencia confirma que os terreos da Brilat son dos veciños
Por Redacción |
-
Os comuneiros de Salcedo queren 80 hectáreas ocupadas pola Brilat para uso propio
Por Anxo Lourido |
-
O Concello retira o recurso á sentenza que outorga a Salcedo parte dos terreos da Brilat
Por Alejandro Espiño |
-
Os terreos da Brilat, de Defensa ou dos veciños? A solución, o 15 de novembro
Por Natalia Puga |