Queixas veciñais pola prostitución na avenida Raiña Victoria
Por Oskar Viéitez
A avenida Raíña Victoria segue a ser un foco de prostitución na rúa, segundo denuncia a Asociación de veciños San Roque.
Segundo explicou o presidente veciñal Sabino Martínez, dende hai décadas dirixíronse aos distintos responsables que pasaron polo Concello, a Subdelegación do Goberno e a Policía Nacional, "sen chegar a solucionar o problema".
"A prostitución exércese na rúa dende a tarde ata a madrugada, dando lugar a situacións e espectáculos lamentables", afirma Sabino Martínez, que sinala que na zona estan situadas a Escola infantil O Toxo, pertencente á Xunta e outra gardaría privada, ademais do Instituto Sánchez Cantón.
Este voceiro veciñal insta a "erradicar dunha vez " este foco de prostitución, polo que, este martes, dirixiu un escrito ao goberno local trasladando a preocupación dos comerciantes e residentes da zona de San Roque.
Raíña Victoria e o Nó do Pino son os dous únicos puntos do municipio onde a prostitución é levada a cabo na vía pública
Insisten en que a situación non é nova, xa que esta asociación leva 22 anos, dende a súa constitución, denunciando este problema.
Un informe da Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia engade xunto á Avenida de Raíña Victoria, o Nó do Pino. Estes son os dous únicos puntos do municipio onde a prostitución é levada a cabo na vía pública.
O informe, elaborado sobre a base dos datos dos que dispón a Policía Nacional e a Garda Civil, relacionaba esta práctica con mulleres en situación de marxinalidade. Unha situación que "non é moi común na actualidade", xa que a gran maioría das persoas que se prostitúen en Galicia o fan en clubs de alterne e pisos.
Relacionadas:
-
A asociación veciñal de San Roque reclama ao Concello arranxos para este "barrio abandonado"
Por Oskar Viéitez |
-
Desarticulada unha organización de cidadáns romaneses que explotaba sexualmente compatriotas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Piden 57 anos de prisión para unha rede de tráfico de mulleres
Por Oskar Viéitez |