Os populares esixen que o entendemento no goberno local "vaia algo máis alá de cobrar a fin de mes"
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular entra de cheo na polémica suscitada polas críticas do concelleiro de Urbanismo, Antón Louro (PSOE), ao proxecto do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores (BNG), de crear un gran centro cívico na antiga residencia da ONCE.
O PP local califica ao anuncio do alcalde coma "ridículo" e "unha simple e banal ocorrencia" e dí que esta discrepancia entre os socios de goberno é "lamentable" e "outra mostra máis do nulo nivel de entendemento entre ambos".
Os concelleiros da oposición póñense do lado do socialista Antón Louro, asegurando que "ten razón cando condiciona calquera opción de futuro dese inmoble á resolución final do convenio asinado no seu día entre o Concello e a Organización Nacional de Cegos". ÿ dicir, que ao igual que sostén Louro cren que é "moi improbable" que o edificio funcione como centro cívico, "nin sequera está asegurado que termine sendo propiedade municipal de xeito definitivo".
Nun comunicado feito público este mércores, o voceiro do PP, Jacobo Moreira, cree que a falla de entendemento entre Lores e Louro é "tan obvia que case a única cousa en que coinciden é a de cobrar a fin de mes".
"E polo menos, aínda que só sexa por unha cuestión de imaxe, deberían falar antes de saír a facer anuncios ante os medios de comunicación", defendeu.
Relacionadas:
-
Louro cre que a "ocurrencia" de Lores para o centro cívico na ONCE "non está suficientemente madura"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP critica a "desesperación" do goberno local por "presentar algún proxecto"
Por Redacción |
-
A antiga residencia da ONCE reconverterase no "gran centro cívico da Pontevedra Sur"
Por Alejandro Espiño |