A reforma do instituto Valle Inclán, "moi avanzada": todas as aulas van estar habilitadas para o 11 de setembro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot
As obras de rehabilitación integral do instituto Valle Inclán de Pontevedra están xa "moi avanzadas" e a previsión que manexa a Consellería de Educación é, como sucede coa reforma do CEIP Froebel, que todas as aulas estean habilitadas para o 11 de setembro, día do inicio oficial do curso escolar 2024-2025.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, sinalou este venres, con motivo dunha visita ás obras do CEIP Froebel, que no Valle Inclán "están retirando as estadas".
Román Rodríguez lembrou que a obra deste instituto é "un enorme investimento" da Xunta de Galicia, "practicamente de cinco millóns de euros", e, como resultado, este centro educativo "tan senlleiro" para a cidade e para o sistema educativo, vai quedar cunha "factura admirable".
Rosa Soñora, xefa da Unidade Técnica de Educación en Pontevedra, insiste en que se trata dunha "obra inmensa" e tamén "complicada" e asegurou que, para o 11 de setembro, contan con que estea rematado toda a parte que afecta ás aulas e as cubertas e quede para despois desa data o triángulo máis pegado ás ruínas de San Domingos, que afecta á administración e ás zonas de traballo do profesorado.
Esa parte pendente "non afecta ás aulas nin ao funcionamento normal" do centro.
A parte das cubertas "están todas rematadas" e esta semana están rematando o corpo central do lucernario da escaleira, "que é máis complicada".
Agora están traballando "a marchas forzadas" cos reforzos estruturais, instalacións, falsos teitos, chans, pinturas... para que todo estea listo para o novo curso.
Relacionadas:
-
As obras nos colexios de Sanxenxo encaran a recta final da súa posta a punto
Por Redacción |
-
"Para nós unha semana de diferenza é fundamental", o sector libreiro prefire o inicio do curso graduado por ciclos
Por Cristina Saiz & Marisa Ciordia |
-
A Xunta pecha as escolas infantís de Solobeira e Guillán en Vilagarcía de Arousa
Por Anxo Lourido |
-
O verán traerá obras de mellora en oito centros educativos da cidade valoradas en 300.000 euros
Por Natalia Puga |
-
Adeus ás aulas móbiles do instituto Valle Inclán nove meses despois
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A mediados de xullo xa non estarán as aulas móbiles diante do Instituto Valle Inclán
Por Oskar Viéitez |
-
Remata a primeira fase das obras do Valle Inclán, a "catedral educativa" de Pontevedra que avanza segundo o previsto
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |