Os máis pequenos, protagonistas este mércores no Entroido de Sanxenxo
Por Diego Torrado
Este mércores de Cinza celebrouse o concurso de disfraces infantil co que ía abrir a celebración do Entroido en Sanxenxo e que foi aprazado polo mal tempo.
O desfile partiu ás 17,00 horas da avenida Luis Rocafort e culminou no Porto Deportivo, onde o Concello repartiu máis de 1.000 euros en premios.
Inscribíronse no concurso un total de 40 participantes na categoría de individual ou parella, resultando gañador do primeiro premio o disfraz denominado "O polbo da lonxa", segundo premio "Na procura de Simba" e terceiro premio para "Robocop".
Na categoría de grupos de 3 a 10 anos houbo un total de 9 participantes, resultado elixidos polo xurado para o primeiro premio "OZ, un mundo de fantasía", segundo "Entrecosturas" e terceira "Carruaxe antiga".
Finalmente houbo 3 inscritos na categoría de grupo de máis de 10 anos. Os premiados, foron primeiro " La chispa de la vida", segundo "Xoguetes" e terceiro "Os loko pous".