Singular protesta: "a compra sen fin"
Por Oskar Viéitez
-Que hai algunha oferta?, pregunta unha moza á porta do Bershka.
-Non é unha protesta dos sindicatos, respondelle a dependenta.
A conversación rexistrouse ás doce e media da mañá do martes ás portas desta tenda do grupo Inditex na rúa Benito Corbal no centro de Pontevedra.
No interior do establecemento un grupo de 25 delegados sindicais de CIG, UGT e Comisións Obreiras facían cola ante o mostrador cunha compra que unha vez abonada era devolta, ocupando de novo o sindicatista en cuestión o seu lugar na cola con outra compra. Así nun bucle sen fin.
A protesta en cuestión enmárcase nas movilizacións anunciadas polos tres sindicatos maioritarios para reclamar á patronal do sector do comercio para "que se sente a negociar".
Segundo apuntou Marcos Cadórniga, de CIG, "imos ir ás grandes empresas que son as que teñen a capacidade de negociar, xa que o pequeno comercio tivo que pechar".
Este portavoz de CIG advertiu que hoxe "somos poucos, pero mañá serán moitos máis os que se sumen a esta clase de movilizaciones".
Pola súa banda Carlos Búa, de Comisones Obreiras, recordou que "hai que sectores que están gañando moito diñeiro", e fixo un chamamento para que os correspondentes departamentos de recursos humanos de Froiz, Inditex, Moldes, Gadis "se senten a negociar as condicións dos seus traballadores".