A Xunta quere empezar o vindeiro ano a humanización da estrada PO-308 entre A Barca e Andurique
Por Oskar Viéitez
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que se humanizará a estrada PO-308 á altura da Barca, en Poio: "Unha actuación potente que leva anos esperando e eu agardo que no 2025 podamos empezala", salientou.
"Hai un proxecto que está prácticamente redactado, que o Concello hoxe entregará a Xunta de Galicia e se entrega a tempo, que según me di o alcalde, vai ser así, vamos intentar introducílo nos orzamentos que a Xunta de Galicia xa está elaborando", manifestou.
Se o proxecto de humanización do primeiro treito a PO-308 se inclúe nos orzamentos Rueda avanzou que "chegamos no tempo xusto para que, o ano que ven, podamos licitar no primeiro trimestre do ano e que se empece a executar durante o ano 2025".
Rueda salientou a importancia desta obra "nunha zona moi poboada " con preto de 10.000 veciños "que se van ver directamente beneficiados por algo que cada vez se demanda máis, que é a seguridade viaria e a posibilidad de desprazarse a pé"
O titular do goberno galego fixo este anuncio este xoves na inauguración das obras de humanización no porto de Raxó, á que foi acompañado do conselleiro de Mar, o presidente de Portos de Galicia e o alcalde de Poio.
Estas obras, xa entregadas en xuño, tiñan un presuposto de algo máis de un millón de euros, dos que a Xunta achegou o 70% e o Concello de Poio o 30% restante.
Na súa intervención, o titular do goberno galego puxo en valor este proxecto, xa que vai supoñer un gran avance en ter un espazo viario más amable para os veciños e, en concreto, para os peóns: "Era imprescindible acometer o cambio de travesías perigosas por beirarrúas transitables onde os veciños podan ir con tranquilidade", destacou.
Ademais, o presidente tamén salientou a importancia destas obras para conseguir un turismo de maior calidade e que avance cara a desestacionalización: "Un turismo con sentidiño onde cabe todo o mundo", remarcou Rueda.
Relacionadas:
-
Poio alcanza un 87% de ocupación turística na primeira quincena de agosto
Por Redacción |
-
PSOE e BNG piden explicacións ao Concello de Poio polos problemas en Combarro e Raxó
Por Oskar Viéitez |
-
Gordon Ramsay e Pepe Vieira, competición entre fogóns con dous axudantes de excepción
Por Alejandro Espiño |