Donos de cans inician unha campaña de denuncia: "Nos estamos sintiendo perseguidos"
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
"Nos estamos sintiendo perseguidos", denuncia David Rivadulla, un veciño de Pontevedra propietario dun can que o saca a pasear a diario a zonas verdes da cidade. Forma parte dun grupo de pontevedreses que emprende unha campaña pública para queixarse das sancións "excesivas" que lles está a impoñer a Policía Local nos últimos días.
Os veciños que se declaran afectados empezaron a moverse a través das redes sociais. Ao mesmo tempo, a Asociación de Protectores de Aminais Adopcións Galicia de Pontevedra creou un evento de Facebook no que lanzan unha petición aos internautas: "Queremos conocer vuestra opinión qué es lo que podemos hacer entre todos para que en Pontevedra habiliten en el centro de la ciudad un parque para perros y que nuestras mascotas puedan correr y jugar".
Ao respecto, Gussy, de Adopciones Galicia, matiza que foi este colectivo o que promoveu o evento de Facebook e que nel recollerán as opinións dos cidadáns e, a partir das conclusións que se consigan, decidiranse posibles medidas a tomar.
Rivadulla apoia a medida de Adopciones Galicia e, a maiores, engade que as queixas remóntanse a hai xa un tempo, pero cobraron especial relevancia durante a última fin de semana. Asegura que a Polícía Local multou a cinco ou seis persoas que paseaban aos seus cans pola senda dos Gafos, 2-3 usuarios do parque de Eduardo Pondal e a varios veciños que ían pola Illa das Esculturas.
Os veciños que formulan as súas queixas a través das redes sociais (no citado evento de Facebook e a través de perfís particulares e doutros colectivos) non se opoñen a que a Polícía Local realice un control sobre o cumprimento das normativas e controle as persoas que pasean aos seus cans soltos e sen bozal pola vía pública, pero piden "comprensión" cando van coas súas mascotas por zonas verdes. Aseguran que isto choca coa situación que se está a vivir nos últimos días, pois "allá donde vamos, no podemos pasear al perro, aparece un policía". Moléstalle especialmente que algúns dos axentes que sancionaron aos membros da plataforma "iban de paisano".
"Estamos hartos de estar callados", sinala Rivadulla e anuncia que "en una ciudad como Pontevedra no se puede permitir que no tenga un sitio para pasear a los perros. Reclamamos nuestro espacio". En concreto, demanda que o Concello lles habilite unha zona verde da cidade na que poidan pasear as súas mascotas soltas sen que os sancionen.
O ideal sería, para este grupo de cidadáns particulares, "que se crease un parque de perros", pero son conscientes do difícil momento económico para un investimento público deste tipo, de aí que se mostren dispostos a negociar co Concello algunha solución alternativa. Mentres tanto, xa empezan a pensar en convocar unha protesta pública de cara á próxima fin de semana. Esta convocatoria non se baralla, de momento, a través do evento de Facebook de Adopciones Galicia.
Relacionadas:
-
O goberno local nega que haxa unha campaña de persecución contra os donos de cans
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Promoven unha protesta o sábado para pedir "un parque para cans digno en Pontevedra"
Por Natalia Puga |
-
Os Palleiros sae en apoio ás "razas inxustamente demonizadas"
Por Redacción |
-
Os Palleiros reclama na rúa unha lei contra o maltrato animal
Por Redacción |