Outro concelleiro do PP reclama ante a Inspección de Traballo pola súa dedicación exclusiva
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O concelleiro do Partido Popular, Pablo Fernández, presentou un escrito na Inspección de Traballo para solicitar que se lle dea de alta na Seguridade Social pola súa dedicación exclusiva na oposición entre o 23 de xullo de 2012 ata o 19 de febreiro de 2014. Dende o Ministerio de Emprego requiriuse documentación ao Concello de Pontevedra sobre a situación do edil.
Pablo Fernández sinalaba, ao longo da tarde deste mércores 12, que esta decisión que foi adoptada da man do grupo e que é unha resposta a "un acto chulesco" e "una burla" por parte do grupo de goberno ao Partido Popular ao evitar a execución da sentenza e apuntou que "yo, ante actos chulescos, no respondo".
Segundo indicou o edil popular, esta decisión foi consensuada co voceiro do grupo municipal do PP e é un paso previo, adoptado por asesoramento do seu avogado, para reclamar a execución da sentenza coa intención de que se lle pague o soldo do período no que tiña unha dedicación exclusiva. Neste sentido sinalou que aínda non se adoptara unha decisión "todavía no sabemos si vamos a tomar acciones individuales o conjuntas" para reclamar eses salarios.
MOSQUERA: "NON BENEFICIA A NINGUÿN"
O concelleiro do goberno local, César Mosquera, quixo avaliar esta decisión por parte do concelleiro do PP lamentando que "un problema interno do PP convértese nun follón público". Mosquera indicou que nin o concelleiro nin ninguén do Partido Popular manifestara con anterioridade a súa intención de reclamar está situación que se coñeceu a través do requirimento da Inspección de Traballo.
O concelleiro do BNG apuntou a que esta actuación por parte de Pablo Fernández "é o mesmo que o de María Biempica" cando reclamou os salarios do tempo en que ocupara unha dedicación exclusiva.
Pablo Fernández fai unha reclamación por un período de tempo, entre o 20 de decembro de 2013 e o 19 de febreiro de 2014, no que o voceiro do Partido Popular, Jacobo Moreira, xa sinalara que as dedicacións exclusivas correspondían a outros catro concelleiros do seu grupo.
Segundo César Mosquera, esta situación "dende unha valoración política é unha catástrofe para ou PP que non beneficia a ninguén" e avanzou que o Concello non dará de alta o concelleiro popular se non recibe unha orde por parte do Ministerio de Emprego.
Relacionadas:
-
A Seguridade Social tramita a alta no Concello de Pablo Fernández, concelleiro do PP
Por Redacción |
-
Moreira reitera que os soldos do PP son para María José Rodríguez, César Abal, Ricardo Aguilar e el mesmo
Por Alejandro Espiño |
-
O goberno local manterá unha soa dedicación exclusiva para o PP
Por Oskar Viéitez |