Deteñen o atracador da calderilla mentres o dos 6.000 euros segue escapado
Por Redacción
A Policía Nacional abriu a semana pasada dous investigacións para localizar a outros tantos ladróns, os autores dun roubo con forza e un atraco cometidos en oficinas bancarias de Marín. Un deles, o de 'pouca monta' foi localizado mentres o que se levou un bote de 6.000 euros segue escapado.
Fontes policiais confirmaron que na tarde do venres foi detido un veciño de Marín de 41 anos como presunto autor do roubo con forza cometido na madrugada do 5 ao 6 de outubro en sucursal bancaria de BBVA na rúa Jaime Janer.
No seu caso, forzara a porta de acceso, desordeado o interior do local e, finalmente levarse 160 ou 180 euros (hai versións contraditorias sobre a cantidade), todo en moedas. Fuxiuse cando soou a alarma, pero as fitas de seguridade permitiron localizalo.
O atracador que segue fuxido da Policía Nacional levou un bote máis substancioso. Na mañá do 9 de novembro entrou na sucursal do Banco Pastor en Seixo tapado cunha braga e unha gorra, dirixiuse directamente ao mostrador e sacou un coitelo para ameazar o empregado.
Con este método levouse un botín de 6.000 euros e fuxiu a pé. Se é o caso, as pescudas seguen abertas, pero con avances importantes, de modo que non se descarta que poida ser identificado nun curto tempo.