A Brilat toma o mando en Afganistán nun punto de non retorno da misión
Por Natalia Puga
O coronel Fernando García González-Valerio, xefe do Rexemento Príncipe 3 da Brilat en Asturias, asumiu xa o mando da nova misión española ASPFOR XXXII en Afganistán.
A toma de mando supón que a Brilat asume xa o relevo da misión afgá de man da Brigada Paracaidista e prodúcese despois de transferirse o liderado na seguridade ás Forzas de Seguridade Nacional Afgás (ANSF) e coa vista posta no inicio do repregamento.
A Brilat é a quinta vez que lidera unha misión en terras afgás, sendo esta a misión máis longa ata agora acometida: seis meses nun momento en que a transición ás autoridades afgás, en todos os ámbitos, alcanza un punto de non retorno, para devolver ao pobo afgán o seu destino, segundo informa o Ministerio de Defensa.
Chega a Brilat nun momento no que as Forzas de Seguridade afgás aumentaron gradualmente a súa preparación e adoptaron un papel de crecente liderado nas operacións combinadas, onde a súa eficacia aumentou notablemente.
No seu primeiro discurso xa como xefe do continxente español de ISAF na provincia de Badghis, o coronel Fernando García González-Valerio resaltou que quere "asegurar que continuaremos desde hoy, con el firme compromiso contraído por España, en el marco de la operación de ISAF, con las autoridades civiles y militares del Gobierno de la República Islámica de Afganistán y con el pueblo afgano".
"Seguiremos trabajando para mejorar las condiciones de gobernabilidad, de seguridad e impulsar el desarrollo, para contribuir a la mejora de las condiciones de vida en la provincia", comprometeuse o coronel da Brilat.
Coa entrega do guión da Agrupación Española en Afganistán, por parte do coronel Luis Cebrián Carbonell, segundojefe da Brigada Paracaidista, materializouse a transferencia de autoridade (TOA). Todo se realizou no marco dunha parada militar celebrada na base 'Ruy González de Clavijo' en Qala-i-Naw, capital da provincia de responsabilidade española de Badghis.
Relacionadas:
-
Helicópteros 'Tigre' comezan a dar protección e seguridade á Brilat no repregamento de Afganistán
Por Redacción |
-
O xeneral da Brilat desprázase a Afganistán nun momento crave para o repregamento das tropas españolas
Por Natalia Puga |
-
A Brilat celebra Santa Bárbara, patroa da súa Arma
Por Redacción |
-
Case 700 militares da Brilat xa están en Afganistán
Por Natalia Puga |
-
A Brilat empeza unha "misión que sabemos que no va a ser fácil, va a ser larga"
Por Natalia Puga |
-
Máis soldados pontevedreses irán a Afganistán
Por Natalia Puga |