O PSOE cualifica de 'lamentable espectáculo' o debate sobre as dedicacións exclusivas entre PP e BNG
Por Redacción
O grupo municipal socialista mostrou o seu malestar, a través do concelleiro Agustín Fernández, polo que consideran "espectáculo lamentable que estamos a dar pleno tras pleno" co debate das dedicacións exclusivas. Dende as filas do PSOE critícase a actitude que veñen mantendo dende o BNG e tamén dende o Partido Popular en relación con este asunto.
Agustín Fernández avanzou que o luns 24 pedirán desculpas aos cidadáns de Pontevedra cando se debata a moción das dedicacións exclusivas que volve tratarse por segundo pleno consecutivo. Na sesión de febreiro debateuse por vía de urxencia, que non foi aceptada polo Partido Popular e, segundo fontes municipais, coa ratificación neste pleno de marzo se poderán evitar impugnacións por parte do PP.
O grupo municipal socialista considera que "é inaceptable que este asunto sexa tema central no debate dos plenos cando na sociedade están pasando cousas máis graves e importantes para os cidadáns como os recortes de sanidade ou a falta de emprego. Estamos dando un espectáculo inaceptable que ven motivado pola cabezonería duns e doutros". Neste sentido, Agustín Fernández critica a postura do partido da oposición e do BNG, o seu socio de goberno: "non é aceptable a postura do Partido Popular que tenta facer das dedicacións exclusivas un argumento de debate político que erosiona a institución do Concello e do seu grupo con erosións internas e a dos nosos socios de goberno porque vamos de chapuza en chapuza dando unha imaxe de desconcerto e improvisación".
En todo caso, os socialistas anunciaron xa que van aprobar esta nova moción esperando que sexa definitiva.
Pola súa banda, o voceiro do goberno municipal Raimundo González entende que este tipo de discrepancias por parte do PSOE só responde a que "dentro duns meses hai unha campaña electoral".
Pola súa banda, o concelleiro de persoal, Vicente García Legísima, indicou que esta mañá presentaran documentación por requirimento da Inspección de Traballo en relación coa reclamación presentada polo concelleiro do Partido Popular, Pablo Fernández, un dos afectados pola redución de dedicacións exclusivas. García Legísima insistiu en que "hai outros foros" para presentar estas reclamacións e segue entendendo que a sentenza "non ten carácter retroactivo. E ten que haber diferenciación entre os cargos electos e o persoal laboral. A Inspección de Traballo non debería entrar". Neste sentido, explicou que se presentou un informe dos aboamentos percibidos polo concelleiro do Partido Popular por asistencia a comisións e a plenos.
Relacionadas:
-
Lores relaciona as críticas do socio de goberno coa precampaña electoral do PSOE
Por Redacción |
-
O PP sopesa levar de novo ao xulgado o conflito dos soldos
Por Oskar Viéitez |
-
O pleno de marzo volverá debater as dedicacións exclusivas do PP ante a indignación de Jacobo Moreira
Por Redacción |
-
BNG e PSdeG-PSOE acordan un novo reparto das exclusivas e o PP ameaza con volver o xulgado
Por Alejandro Espiño |