Ana Pastor destaca o avance das obras do Eixo Atlántico de Alta Velocidade
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
A ministra de Fomento, Ana Pastor, visitou este venres a estación de Pontevedra do Eixo Atlántico de Alta Velocidade, co fin de comprobar o avance das obras desta infraestrutura."Las obras van muy bien, muy avanzadas", indicou Pastor tras baixar do tren na estación de Pontevedra, cun adianto de 15 minutos sobre o horario previsto.
A ministra desexou que esa mesma celeridade se poida aplicar aos traballos"para que puedan terminar lo antes posible" e lograr ese obxectivo de "disminuir sustancialmente los tiempos de comunicación" da capital da provincia con Vigo (15 minutos), Santiago (30 minutos) e A Coruña (55 minutos), cando o Eixo Atlántico estea a funcionar.
A remodelación da estación de Pontevedra supón "una demostración más del compromiso del Gobierno con Galicia y con el Eje Atlántico de Alta Velocidad, con importantes inversiones", dixo Ana Pastor. Así, nesta lexislatura executáronse obras por máis de 515 millóns de euros e para manter o ritmo de execución actual, previuse unha dotación de 195 millóns de euros nos Presupostos Xerais do Estado de 2014.
"Lo que queremos ahora es rematar cuanto antes las obras. Es decir, si hay algún retraso es un retraso técnico, pero si no las obras del puente Ulla podría terminar a final de año y en el mes de enero tener ya colocadas las vías", destacou a ministra.
Pastor visitou a nova plataforma 1 da estación de Pontevedra, e as vías 1, 2 e 3, en servizo dende o 18 de febreiro deste ano. Unha remodelación que se acometeu sen interromper o tráfico ferroviario, o que minimizou as afeccións para os usuarios do ferrocarril. Un investimento de 14,5 millóns de euros que espera estea concluída "a finales del mes de abril", comprometeu Pastor. "Ahí estaremos en período electoral y se pondrán en marcha sin visita ni nada, para disfrute de todos".
"El Ave a Galicia va a llegar como debe", afirmou a Ministra de Fomento, e iso é "con la velocidad que otras comunidades autónomas llevan disfrutando desde hace décadas y por lo tanto va a llegar con todos los requerimientos de la Alta Velocidad". Ana Pastor subliñou que ese é o compromiso do Presidente do Goberno, "que es que en el 2018 llegue el Ave a Galicia y lo que se está haciendo es poner el presupuesto y velar porque se cumpla y se ejecuten las obras".
Con estas obras de remodelación cúmprese o dobre obxectivo de adaptar as vías e instalacións ferroviarias aos futuros tráficos de alta velocidade e de incrementar a calidade dos servizos que se prestan aos viaxeiros.
A plataforma, remodelada e prolongada recentemente, está a permitir proseguir coa última fase das obras da estación sen ter que interromper os servizos ferroviarios. En canto ás vías, das sete previstas, xa están en servizo cinco delas.
CESIÿN DE PONTES
A Ministra de Fomento que estivo acompañada do alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e do presidente da Deputación, Rafael Louzán, comentou que estas tres institucións asinarán un protocolo para a cesión de dúas pontes do ferrocarril que quedarán en desuso tras a entrada en funcionamento do Eixo Atlántico de Alta Velocidad.
Son as pontes sobre o río Lérez e sobre o río Verdugo, non se cederá a ponte sobre o río Ulló "porque esa infraestructura la podemos necesitar en el transporte de mercancías. Esa línea tendrá que seguir operativa".
"Lo hemos estado estudiando con la Dirección General de Ferrocarriles y todos aquellos puentes que no se van a utilizar para fines ferroviarios vamos a incluirlos en un acuerdo de cesión para uso peatonal", dixo a titular de Fomento.
Igualmente Pastor adiantou que "toda aquella zona de vías que no se utilicen" formarán parte doutro proxecto "más a medio prazo" para vías verdes porque "tenemos el entorno natural más bonito del país y lo tenemos que aprovechar".
Relacionadas:
-
Propoñen transformar nunha Vía Verde a antiga liña férrea entre Arcade e Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Boa disposición en Fomento para converter a vella ponte do tren sobre o Lérez nunha senda peonil
Por Alejandro Espiño |
-
Fomento e as contratas do AVE asumirán o arranxo dos estragos causados polas obras
Por Alejandro Espiño |