O mozo de 17 anos desaparecido chama os seus pais: "Estoy bien, no os preocupéis"
Por Natalia Puga
O veciño de Pontevedra de 17 anos José Manuel Mosquera Grela, desaparecido da súa casa dende o venres 21 de marzo, púxose en contacto cos seus pais este martes. Cando xa se cumpriran cinco días de ausencia, o mozo chamou por teléfono ao móbil do seu pai dende un número que non puideron identificar e lle dixo: "Estoy bien, no os preocupéis, ya volveré a llamar".
O pai do mozo, José Manuel Mosquera, confirmou que a chamada se produciu a media mañá deste martes e que a familia xa se puxo en contacto coa Policía Nacional para comunicarlle este xiro na situación do menor, que o próximo mes de abril cumprirá 18 anos e estuda Segundo de Bacharelato no instituto Valle Inclán.
"Me dijo solo eso y no me dio tiempo a hablar nada más con él, no sé dónde puede estar", explicou o pai. Segundo indicou, "cuando quise decirle que hablase conmigo y preguntarle dónde estaba, ya me colgó y no sé nada más".
A chamada deixou "un poco más tranquilos" aos seus pais, o seu irmán e as súas avoas, pero "no vamos a estar tranquilos del todo hasta que llame a la puerta", pois "él nos dijo que no le pasó nada, pero no lo sabemos, hasta que lo veamos delante no lo sabemos".
Os pais de José Manuel Mosquera Grela vírono a primeira hora da mañá do venres na súa casa da rúa Xoán Carlos I cando supostamente pensaba dirixirse ao instituto Valle Inclán a recoller as notas relativas ao segundo trimestre. Non obstante, esas notas xa llas deran dous días antes, o mércores 19 de marzo, e ocultárallas aos seus pais.
A chamada deixou "un poco más tranquilos" aos seus pais, pero "no vamos a estar tranquilos del todo hasta que llame a la puerta"
Horas máis tarde, cando xa se decataran da súa ausencia, encontraron o boletín de notas e se decataron de que"fueron peores que de costumbre. No es de sobresaliente ni de nueve, pero es difícil que suspenda una materia y estas eran malas". Tras esta evidencia, os pais barallan que o rapaz puido irse de casa voluntariamente por temor a unha reprimenda vinculada ás malas notas. Antes de irse, o rapaz colleu roupa, deixou o seu teléfono móbil e levou a tarxeta SIM.
Unha vez que os pais presentaron unha denuncia na Comisaría o venres e este luns regresaron, púxose en marcha unha investigación que está a capitanear a Unidade de Delincuencia Especializada e Violenta (UDEV) e na que xa se entrevistou os amigos e compañeiros de instituto do menor, ao persoal do centro, á familia e a compañeiros do clube de fútbol de Salgueiriños, onde xogou ata que hai uns meses se lesionou e tivo que deixar este deporte.
Ao respecto, no instituto Valle Inclán algúns alumnos apuntan a que José Manuel Mosquera Grela puido irse a Madrid á casa duns amigos. Esta hipótese confirmaríase cunha proba coa que xa traballan os investigadores grazas á colaboración cidadá: o rapaz foi visto o venres pola mañá na estación de tren de Pontevedra.
Unha vez que o rapaz xa se puxo en contacto coa familia, a investigación continúa. Trátase dun menor, de modo que non se pechará ata que estea plenamente localizado ou regrese á casa.
Os pais de José Manuel Mosquera piden colaboración cidadá para a súa localización. Quen teña algún dato, pode poñerse en contacto coa Comisaría (091) ou a través do teléfono 660.46.63.47.