Asalto á Garda Civil ao berro de "mama, me llevan"
Por Natalia Puga
Ao berro de "mama, que me llevan" desatouse a liorta.
Aconteceu no Vao de Abaixo. Manuel S.M. estaba a ser detido pola Garda Civil pola súa implicación nunha agresión no ámbito familiar cando lanzou ese berro de socorro. As súas tres irmás e a súa sobriña saíron no seu defensa e atacaron os axentes.
Os feitos remóntanse ao 23 de xuño de 2009 e chegaron a xuízo este xoves na Audiencia Provincial de Pontevedra. Tres irmás de Manuel S.M. e unha sobriña estaban acusadas de atentado contra axentes da autoridade e lesións leves polas patadas e puñazos que deron aos axentes para liberar ao seu familiar. O home tamén estaba procesado, pero no seu caso por resistencia a axentes da autoridade e quebrantamento de detención.
A sobriña e dúas irmás (unha delas sen estar presente na sala, senón por videoconferencia) recoñeceron os feitos e asumiron unha condena a un ano de prisión e o pagamento dunha multa de 180 euros. O único home acusado tamén recoñeceu os feitos e asumiu seis meses de cárcere por resistencia a axentes da autoridade.
A terceira irmá, Adela S.M., que non acudiu á Audiencia senón que declarou por videoconferenca ao encontrarse nun centro de acollida, negou os feitos, de modo que o fiscal lle pide un ano e medio de prisión e unha multa de 180 euros.
Esta procesada asegurou ao tribunal que non participou no ataque "de toda la unidad familiar" para evitar o arretro, senón que "estaba allí, pero no hice nada, estaba con mi niña bebé y no la dejé para hacer nada".
A súa versión choca coa dos dous axentes que participaron na detención e resultaron feridos. Declararon no xuízo e aseguraron que coñecían adela de intervencións anteriores no Vao e aquel día "estuvo activamente allí con toda la familia".
"Manuel gritó: mama, que me llevan y empezaron todas a darnos patadas, puñetazos y demás", explicou un deles. "Nos rodearon todas y empezaron a darnos, por un rato perdí la consciencia, me pusieron un pie en la cara" e que recibiron pedradas, se ben sabe que as outras agresións viñeron de todas as procesadas, pero a pedra non pode precisar de quen.
"Adela también se abalanzaba. Duró entre dos y cinco minutos el forcejeo, hasta que decidimos soltarlo porque un compañero estaba en el suelo y había demasiada violencia alrededor nuestra, de hecho, escapó y se llevó los grilletes puestos", sinalou o outro. No seu caso rompéronlle a camisa, deron rabuños en todo o corpo e danaron un dedo, "en los tirones d la camisa estaban todos, me zarandearon".