O surf borra as fronteiras na Lanzada
Por Oskar Viéitez
O campionato Surf Rías Baixas Pro que será de 10 a 13 de abril na praia da Lanzada, non entende de fronteiras. Un exemplo que cita o propio presidente da Deputación, Rafael Louzán, que instou aos concellos de Sanxenxo e O Grove a traballar coordinadamente sobre o emblemático areal.
Os mellores surfistas das Qualification Series como o francés Joan Duru, o vasco Hodei Collazo, o galego Gony Zubizarreta e Vicente Romero entre moitos outros acudirán á praia da Lanzada que ademais do campionato acollerá bautismos gratuítos de surf, descenso de longboard, entre outras actividades.
Louzán, líder provincial do PP, asegura que "non son necesarios os límites para facer cousas" e avogou por unha "Galicia global" fronte á disputa sobre a titularidade da Lanzada que enfronta aos rexedores de Sanxenxo e O Grove, ambos os dous do Partido Popular.
Ademais Rafael Louzán sinalou que a Deputación colaborará para facer este areal máis accesible.
Relacionadas:
-
Sanxenxo reclama revisar os lindes co Grove para resolver a titularidade da Lanzada
Por Redacción |
-
Louzán insiste en que A Lanzada non pode ser obxecto de disputa entre Sanxenxo e O Grove
Por Redacción |
-
Os mil bautizos da Lanzada
Por Redacción |
-
A Lanzada acollerá unha das dúas únicas probas do mundial de surf que se disputa en España
Por Redacción |
-
Sorpresa e "incredulidade" do alcalde do Grove ante a reclamación de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo enfróntase ao Grove e reclama a titularidade de toda a praia da Lanzada
Por Redacción |