O Grove leva ao Pleno unha moción sobre A Lanzada para "defender o que lexitimamente nos pertence"
Por Diego Espiño
A decisión de Sanxenxo de apoiar aos comuneiros de Noalla na súa reivindicación da titularidade da praia da Lanzada chega este luns ao Pleno Municipal do Grove.
O goberno local meco pretende aprobar unha moción para "defender o que lexitimamente nos pertence", asegurou o alcalde meco, Miguel Pérez.
O rexedor do Grove explicou que a moción "vai no sentido de rexeitar calquer intento de modificación destes lindes e solicitarlle incluso ao Concello de Sanxenxo que desista desta posibilidade".
Pérez asegurou ademais que "a partires de agora calquera cousa será respostada e resolta a través da solicitud formal que fagan si é que a chegan a facer".
O alcalde fixo estas declaracións nun acto no Centro Vacacional da Lanzada, onde coincidiu co tenente de alcalde de Sanxenxo, José Luis Rodríguez, quen defendeu a postura tomada por Catalina González, ausente na presentación.
Segundo Rodríguez "si hay un problema de que alguien cree que los linderos están mal se debe resolver", aínda que matiza que se "hay que empezar por los despachos, de acuerdo, hay que empezar por los despachos".
Rodríguez di confiar nunha negociación entre ambos os dous mandatarios, para rematar insinuando unha xudicialización deste asunto: "¿Que hay que llegar a los tribunales? Pues que se llegue a los tribunales. Pero no creo que haga falta" concluíu o tenente de alcalde.
Relacionadas:
-
Sanxenxo reclama revisar os lindes co Grove para resolver a titularidade da Lanzada
Por Redacción |
-
Louzán insiste en que A Lanzada non pode ser obxecto de disputa entre Sanxenxo e O Grove
Por Redacción |
-
Sorpresa e "incredulidade" do alcalde do Grove ante a reclamación de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo enfróntase ao Grove e reclama a titularidade de toda a praia da Lanzada
Por Redacción |