Xa está aberta ao público a nova oficina de Correos en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Correos abriron este martes unha nova oficina postal de atención ao cliente nas instalacións que a Xunta de Galicia ten na Avenida Fernández Ladreda, número 43. Con esta oficina son xa tres os puntos de atención ao cliente que Correos ten en Pontevedra para atender aos cidadáns e as empresas da cidade.
A nova oficina, que ten unha superficie útil de 88 metros cadrados, ten un horario de de 08:30 a 18:00 horas, de luns a venres, e sábados, de 09:30 a 13:00 horas. Permite o envío de paquetería, contrato de apartados postais, retirada de envíos, cobramento de recibos de luz, auga, gas, venda de embalaxes e produtos prepagados, envío de burofax con certificacións de texto e envío de diñeiro nacional e internacional mediante xiro e Western Union.
Ademais esta oficina dispón de servizos bancarios, que se realizan a través de BanCorreos, e de venda de produtos de telecomunicacións, recarga de móbiles, venda de terminais, etc.
Relacionadas:
-
O 'dream team' de Correos reparte paquetes en Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
As oficinas de Correos de Pontevedra recollen comida esta semana para colaborar cos bancos de alimentos
Por Redacción |
-
Correos abrirá unha nova oficina ao público anexa ao edificio administrativo da Xunta en Campolongo
Por Redacción |