María Biempica volve marcar distancias cos seus compañeiros de partido
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
Non todo foi confrontación e discrepancia no último Pleno municipal. Houbo que esperar catro horas e media para que chegando ao final da sesión plenaria se vivise un episodio de consenso. Ou algo semellante.
De novo a concelleira do Partido Popular, María Biempica, rompeu a sintonía marcada polo seu grupo para afastarse do ton crítico e belixerante do seu xefe de filas, Jacobo Moreira. Se ben, nesta ocasión, Biempica para evidenciar este distanciamento cos seus compañeiros fixo menos ruído que cando rompeu a disciplina de voto do seu partido, en apoio dunha moción do BNG e o PSOE sobre o aborto libre e gratuíto.
Nesta ocasión, xa sen público no Teatro Principal, ás 15:30 horas chegaba a quenda de rogos e preguntas cando interveu a concelleira popular para trasladar os seus parabéns ao concelleiro de obras, Luis Bará, "por cómo quedó la Plaza de Valentín García Escudero".
E fíxolle unha suxestión, "que cambien la valla que rodea los restos arqueológicos", xa que ao seu xuízo "el actual elemento instalado, no le hace justicia a la relevancia de los vestigios allí presentes".
Biempica pediu "que cambien la valla que rodea los restos arqueológicos" de García Escudero
O edil nacionalista acolleu de bo grao tanto a louvanza coma a proposta respondéndolle á concelleira do PP que espera cambiar o valo e que ademais se ía levar unha grata sorpresa por como vai quedar.
Ademais María Biempica dirixiuse á concelleira de Cultura, Anxos Riveiro para formular que "después de realizar el Concello de Pontevedra una importante inversión para adecentar el entorno da Illa do Cobo, también denominada Isla de las Esculturas", propón un acordo de colaboración ou convenio, ou ben coa Escola de canteiros de Pontevedra, a Escola de Restauración, ou coa Facultade de Belas Artes, por exemplo, "para poder realizar exposiciones efímeras con las obras de estos colectivos, respetando, por supuesto, la exposición permanente de esculturas que hay en la actualidad".
E engadiu Biempica que esta sería "una manera de embellecer aún más el entorno, seguir animando a los pontevedreses a acercarse a este paisaje natural único, y al mismo tiempo, poder mostrar la obra de los nuevos artistas de estos colectivos, que en estos tiempos de crisis, les costará tanto esfuerzo dar a conocer".
A Anxos Riveiro pareceulle unha boa idea e comprometeuse a traballar nela.
Finalmente a concelleira do PP preguntou acerca da posición do grupo de goberno do BNG sobre as políticas de Nicolás Maduro, despois do último posicionamento público da formación nacionalista, e esta vez si foron os seus compañeiros de partido os que a felicitaron.
Relacionadas:
-
Dúas comisións para a nova etapa de María Biempica como concelleira non adscrita
Por Redacción |
-
María Biempica rompe a disciplina de voto do PP e rexeita a reforma do aborto de Gallardón
Por Alejandro Espiño |
-
María Biempica reclama os 29.000 euros que deixou de cobrar tras quedar o PP sen dous dos seus soldos
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O PP denuncia o "completo abandono" da praza Valentín García Escudero e urxe solucións
Por Alejandro Espiño |