A IX Concentración Mototurística de Marín xa ten data de celebración
Por Redacción
Marín acollerá entre os días 4 e 6 de xullo a novena edición da súa Concentración Mototurística, que achegará á vila a multitude de amantes das dúas rodas.
A cita, organizada pola asociación Free Bones Bikers, contará cun calendario cargado de actividades, aínda que se viu obrigada a suspender a habitual ruta turística ao coincidir as datas coa operación saída da DGT.
A pesar diso espérase a presenza de preto de 300 motoristas e unha boa cantidade de afeccionados ao motor nunha edición que tratará de contaxiar a celebración a toda a cidadanía.
Entre as actividades desveladas polos organizadores destacan a ruta dos fachos polo centro urbano na noite do sábado ou unha carpa con comida e concertos.