Outra Semana Santa ollando cara o ceo
Por Redacción
As confrarías pontevedresas agardan que este ano a chuvia non faga presenza durante os actos relixiosos que están previstos para a Semana Santa que se inicia este domingo 13 de abril, despois de que en 2013 se suspendesen a maioría de procesións debido ao mal tempo.
O programa ofrece estes principais actos:
Domingo de Ramos: 13 de abril ás 12:30 horas
- Procesión da Borriquiña. ÿ o inicio da Semana Santa na Praza da Ferrería coa recreación da entrada de Xesucristo en Xerusalén. Os fieis acoden con ramos de palma e oliveira.
Luns Santo: 14 de abril ás 20:30 horas
- Procesión do Cristo das Caídas: Confraría da Vera-Cruz e Misericordia e representacións de Confrarías. Percorrido: Sarmiento, Isabel II, Charino, Capela de Xesús Nazareno (Interpretación de Motetes polos Ex-Cantores do Coro do Instituto), D. Filiberto, Manuel Quiroga, Soportais, Paseo Antonio Odriozola, Pasanteria, e Sarmiento.
Martes Santo: 15 de abril ás 20:30 horas
- Procesión de Xesús Nazareno e María Santísima da Esperanza. A procesión comeza na igrexa de San Bartolomeu.
Mércores Santo: 16 de abril ás 20:30 horas
- Procesión da Santa Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ás costas. A procesión sae da basílica de Santa María e percorre o centro histórico.
Xoves Santo: 17 de abril ás 20:30 horas
- Procesión dos Pasos. As sete confrarías de Pontevedra participan neste percorrido polo centro da cidade partindo da Basílica de Santa María.
Venres Santo: 18 de abril ás 9:00 horas
- Procesión do Encontro, con Viacrucis Penitencial. O Venres Santo ten unha das súas citas máis rechamantes con este encontro entre as mulleres da igrexa de San Bartolomeu que acompañan ao Paso da Virxe da Soidade, acompañada pola Confraría da Vera-Cruz e Misericordia. Tamén ás 9:00 horas, os homes saen co Paso da imaxe de Cristo coa Cruz a Costas dende a Basílica de Santa María, acompañada pola Confraría do noso Pai Xesús coa Cruz ás costas.
- Procesión do Santo Enterro. Iníciase na Basílica de Santa María ás 20:00 h.
Domingo de Resurrección: 20 de abril ás 19:30 horas
- Procesión de Xesús Resucitado. A Confraría da Nosa Señora do Amor Fermoso protagoniza esta procesión dende a igrexa de San Xosé de Campolongo.
Relacionadas:
-
'Encontro' pola mañá e 'Santo Enterro' pola tarde enchen de procesións o Venres Santo pontevedrés
Por Diego Torrado |
-
Sete confrarías participan na Procesión dos Pasos do Xoves Santo
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
O Cristo das Caídas volve a procesionar o centro histórico
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Todos de estrea para o Domingo de Ramos
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
A probabilidade de precipitacións é do 80% o Xoves e o Venres Santo
Por Oskar Viéitez |
-
A Semana Santa pontevedresa celebrará unha nova procesión o Luns Santo
Por Oskar Viéitez |