Unha octoxenaria morre atropelada por un autobús escolar en Vilanova de Arousa
Por Natalia Puga
Un desafortunado accidente rematou coa vida dunha octoxenaria en Vilanova de Arousa. A muller faleceu no Hospital do Salnés a consecuencia das feridas sufridas ao ser atropelada por un autobús escolar cando se achegaba ao vehículo para facerlle unha consulta.
O feitos producíronse sobre as 9.10 horas da mañá, cando, segundo a Policía Local, a muller se achegou a un autobús escolar para pedirlle que se detivese e poder preguntar ao condutor polo outro servizo de autobús polo que ela estaba a agardar.
O accidente produciuse na avenida do Recheo, diante da casa consistorial de Vilanova de Arousa. Ao parecer, a muller esperaba un autobús de liña e, ao non localizar o seu vehículo, achegouse a un transporte escolar que acababa de poñerse en movemento. Segundo testemuñas do accidente, golpeou na fiestra lateral ao coductor, pero este non a viu.
O movemento a muller non permitiu reaccionar ao condutor, que a arrastrou pisándoa coas rodas traseiras. A consencuencia do impacto, sufriu fortes feridas que pouco despois acabaron coa súa vida no hospital do Salnés. A falecida responde ás inciales S.P.N, ten 84 anos e era veciña da parroquia de Caleiro.
As testemuñas alertaron dos feitos ao alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, xa que se encontraba preto do lugar do accidente e é médico. O rexedor atendeu á vítima ata que chegou a ambulancia asistencial que a trasladaría ao Hospital do Salnés, onde faleceu pouco despois do seu ingreso.