Cambados reurbanizará a rúa Rosalía de Castro cun plan provincial
Por Redacción
O goberno municipal acordou aprobar o investimento da Deputación Provincial en catro actuacións con cargo ó Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas 2014, que suporá un gasto global de 226.436,58 euros. A reurbanización da rúa Rosalía de Castro é a actuación máis novidosa deste plan.
Reurbanizarase esta rúa que vai dende o arco da praza de Fefiñáns ata Instituto Ramón Cabanillas, cruce coa avenida do Salnés. As obras implican unha restauración con materiais nobles, cun investimento de 79.856 euros, conforme ó modelo de semipeonalización implantado no Conxunto Histórico.
Ademáis melloraranse as instalacións do club de Piragüismo baixo a escalinata de San Tomé, cun investimento de 60.000 euros. Conleva a restauración da escalinata de pedra que da acceso ó pazo de Montesacro.
Finalmente acometerase a remodelación e modernización da Praza de Abastos, un anticipo de 37.000 euros para este proxecto no que participan catro administracións.
A xunta de goberno tamén acordou destinar 59.732 euros deste plan provincial ó pago de gastos correntes que neste caso concrétanse nunha factura de Sogama e outra de Celta Prix.