Un control de estrada no acceso ao cárcere da Lama descobre unha condutora con dez landras de haxix
Por Redacción
A Garda Civil detivo a M.F.F., de 30 anos de idade e veciña de Redondela como suposta autora dun delito contra a saúde pública ao serlle intervidas varias "landras" de haxix.
Os feitos sucederon na tarde do xoves cando a Garda Civil, que realizaba un control preventivo de Seguridade Cidadá nas inmediacións do Centro Penitenciario da Lama, localizou no interior do vehículo, un Opel Corsa conducido por esta persoa, dez "landras" de haxix, que se encontraban no interior dun bolso e envolvidas por separado.
Na localización da droga, que levaba escondida no maleteiro do vehículo, participou un can do Servizo Cinológico de la Guardia Civil.
Por todo iso procedeuse á súa detención e á condución ás dependencias oficiais do Posto da Garda Civil de Ponte Caldelas, onde se procedeu á instrución das correspondentes dilixencias.
A detida, que carece de antecedentes policiais, foi posta a disposición do Xulgado de Instrución número tres de Pontevedra.