Avogan polo establecemento de horarios para os cans en zonas verdes
Por Oskar Viéitez
O colectivo "Por un parque para cans" protagonizou este sábado un novo acto de protesta no que avogou polo establecemento de horarios para os canes en zonas verdes como medida para aumentar as adopcións.
Este movemento cidadán de recente creación non desiste das súas reivindicacións "xurdimos para quedar", aseguran os seus voceiros. "Non se trata dun capricho duns poucos nin porque, como nos dixeron, como nos tocan o peto nos queixamos", sinalaron na súa manifestación esta tarde.
Ademais están convencidos de que "as medidas que impón o Concello van en contra de que a xente se anime a adoptar máis cans".
Pontevedra é a segunda cidade galega en número de adopcións, cunha poboación de 9.000 cans (correspondente a máis do 10% da poboación).
Respecto á campaña municipal Yes we can para sensibilizar sobre o abandono é "apoiada pola nosa parte, pero cremos que neste caso non aborda o verdadeiro problema na cidade, que é a falta dun plan municipal de recollida, tal como esixe a lei".
ÿ por iso que solicitaron "a modificación do bando de animais domésticos e se regulen horarios en zonas verdes para que os nosos cans poidan xogar. Non só por capricho, senón como medida que axude a incrementar o número de futuras adopcións na cidade, por convivencia, por integración e por dereito".
Relacionadas:
-
Inician unha recollida de sinaturas para habilitar áreas en zonas verdes para que paseen os cans
Por Redacción |
-
Falta de acordo entre Concello e 'Parque digno para perros'
Por Redacción |
-
Regresa a campaña 'Yes we can' para loitar contra o "grave problema" do abandono de cans e gatos
Por Natalia Puga |
-
Na procura dunha solución para máis de 9.000 cans censados en Pontevedra
Por Redacción |
-
Os membros de 'Por un parque digno para perros' volverán protestar o sábado 12 con bozo e correas
Por Redacción |