Reivindican en Pontevedra a Terceira República
Por Redacción
Convocada por Esquerda Unida de Pontevedra xunto coas asembleas de Federación Republicanos (RPS), Xuventude Comunista e o Partido Comunista de Galicia celebrouse este domingo unha concentración republicana, sumándose aos centos de actos e manifestacións que se están a producir estes días en todo o estado a ser reivindicado a Terceira República.
A mediodía na Praza de España os concentrados crearon moita expectación e curiosidade entre os veciños, algúns dos cales se animaron a sacarse unhas fotos xunto ás bandeiras dando vivas á República.