Sete confrarías participan na Procesión dos Pasos do Xoves Santo
Por Diego Torrado & Anxo Lourido
O Xoves Santo chega con unha das principais citas para as Confrarías de Semana Santa despois de que, este mércores 16, a Confraría de Nuestra Madre del Mayor Dolor protagonizou a procesión da Santa Virxe da Soidade e Xesús Nazareno coa Cruz ás Costas.
O desfile partiu da Basílica de Santa María realizando un percorrido polo centro histórico a través da Praza de Curros Enríquez e Manuel Quiroga ata retornar á Avenida de Santa María.
Durante este xoves, a Procesión de Los Pasos reunirá máis de mil confrades pertencentes a sete agrupacións penitenciais a partir das 20.00 horas. O percorrido iniciarase na Avenida de Santa María e as imaxes que interveñen nesta cita realizan un repaso das últimas horas da vida de Xesús: A Cea (Confraría do Mayor Dolor), a Oración no Horto (Confraría de Nuestra Señora del amor Hermoso), o Xesús Cautivo e a Flaxelación (Confraría do Silencio. Orde Franciscana Seglar), Xesús Atado á Columna (Confraría do Corpo Santo), o Ecce Homo (Confraría do Espíritu Santo), a Cruz a Costas (Confraría de Nuestro Padre Jesús coa Cruz ás Costas) e o Cristo de la Expiación e a Virxe da Soidade (Confraría da Vera-Cruz e Misericordia).
Trátase dun dos principais eventos da Semana Santa pontevedresa, que é seguido por numerosos fieis e turistas durante o traxecto polo centro histórico.
Relacionadas:
-
Pontevedra despide a súa Semana Santa coa procesión de Xesús Resucitado
Por Diego Torrado |
-
A Procesión dos Pasos, a tradición relixiosa percorre as rúas da cidade
Por Diego Torrado & Anxo Lourido |
-
Pontevedra revive a súa tradición nazarena
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Outra Semana Santa ollando cara o ceo
Por Redacción |