Presentan o cartel da XLVIII Festa da Troita
Por Redacción
Rubén Alesandro Lucas García, un deseñador natural de Murcia, gañou de novo o concurso convocado polo Concello de Ponte Caldelas para anunciar e enxalzar a Festa da Troita, que se celebrará na súa cuadraxésimo oitava edición os días 31 de maio e 1 de xuño.
A pesar de repetir como gañador do concurso, o fallo prodúcese despois de que os membros do xurado examinasen os traballos presentados sen coñecer a identidade dos creadores durante o proceso de selección.
Segundo o exposto polo xurado, a proposta de Rubén Alesandro baséase nunha "inspiración pictórica que evoca ao impresionismo, resultando totalmente diferente ao estilo desenvolvido por anteriores participantes no certame".
O cartel resultou gañador entre outras 17 obras orixinais presentadas dende Galicia, Murcia, Asturias e a Comunidade Valenciana.
PREMIOS DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Por outra parte, o xurado fallou tamén o concurso de fotografía na súa décimo terceira edición, cuxo primeiro premio foi parar a Beatriz Baqueiro Vidal cunha instantánea titulada 'El sitio de mi recreo', no que se pode observar un pescador no río Verdugo.
O segundo premio levoullo Eva Cabanelas Pérez polo traballo 'Primavera', mentres o terceiro premio recaeu en Mari Luz Peso Ares por 'Mirándose no Verdugo'.
As fotos gañadoras serán expostas durante os días de celebración da Festa da Troita na sala de exposicións do Centro Cultural de Ponte Caldelas.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas rende tributo á súa 'xoia gastronómica' coa XLVIII edición da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas ofrecerá máis de 800 quilos de troita na súa festa gastronómica
Por Oskar Viéitez |
-
Hípica Amazonas e o Concello de Ponte Caldelas presentan a Concentración Cabalar Festa da Troita
Por Redacción |