A avenida de Raíña Vitoria rexistra dous accidentes de tráfico nun intervalo de dez minutos
Por Diego Torrado & Oskar Viéitez
Na escasa marxe de dez minutos rexistráronse dous accidentes de tráfico na avenida Raíña Vitoria.
O primeiro deles sucedeu ás 15:26 horas no paso de peóns situado fronte á Audiencia Provincial. Consistiu nunha colisión entre un vehículo e unha moto.
Segundo informa a Policía Local o accidente produciuse co semáforo aberto para os peóns. O vehículo implicado encontrábase detido cando un das persoas que viaxaban nel abriu a porta para baixar do coche golpeando o piloto dunha motocicleta tipo scooter que trataba de adiantalo nese momento.
Como consecuencia do impacto o mozo que pilotaba a moto resultou ferido sendo trasladado en ambulancia ao Hospital Montecelo.
Ás 15:36 horas, segundo rexistrou o 112, informouse doutro suceso acontecido no outro extremo da mesma avenida.
Neste caso unha condutora que saía do aparcadoiro subterráneo da Alameda golpeou a un menor que cruzaba en bicicleta. O menor non necesitou atención médica.