Eptisa redactará o proxecto de construción da Ronda Leste
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra adxudicou este mércores á empresa Eptisa, por un importe de 37.649 euros, a redacción do proxecto de construción da Ronda Leste de Pontevedra, no tramo PO-542 (Ponte Bora-O Pino) e PO 532 (Pontevedra-Ponte Caldelas), acceso a Montecelo e Príncipe Felipe.
O contrato da asistencia técnica corresponderá a dúas actuacións: dunha banda, a redacción do antedito proxecto de construción do mencionado tramo da Ronda Leste; e, doutro, a presentación dun documento independente de proxecto construtivo de pasarela peonil para a conexión da avenida Domingo Fontán co entorno da Comandancia da Garda Civil e o Parque de Bombeiros.
O prazo de execución da redacción do proxecto será de catro meses e ao concurso presentaránse dez empresas, entre as que resultou adxudicataria a devandita Eptisa.