O Pleno da Deputación esixe por unanimidade a retirada da reforma xudicial de Gallardón
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Ata cinco minutos antes de arrancar o Pleno da Deputación o grupo provincial do Partido Popular non decidira que ía votar na moción presentada polos socialistas esixindo a "retirada inmediata" do proxecto de lei Poder Xudicial.
Así o recoñeceu o titular da Deputación e presidente provincial do PP, Rafael Louzán, consciente de que o texto proposto polo Ministro de Xustiza, Alberto Ruiz Gallardón "non atende ás peculiaridades de Pontevedra e de Vigo".
A indefinición durou apenas media hora pois durante a sesión plenaria, o deputado popular, José Manuel Figueroa, concelleiro de Vigo, aclarou que a postura que ten o Partido Popular a nivel provincial e a nivel galego é contraria ao anteproxecto de Lei nos términos nos que está redactada.
Curiosamente as tres forzas políticas compartían o argumentario en contra desta reforma dos partidos xudiciais, entendendo que é "especialmente lesivo" no caso da cidade olívica.
José Manuel Figueroa recriminou que non existise esta mesma unanimidade no Concello de Vigo xa que o BNG se abstivo. O voceiro do grupo nacionalista, César Mosquera, explicou que de xeito "coherente" o BNG se abstivo en Vigo porque a moción alí aprobada esixía que de xeito alternativo no caso de que a reforma de Gallardón saíse adiante que a capital xudicial fora para Vigo, cuestión na que non están de acordo.
Mosquera aproveitou a ocasión para subliñar a "incoherencia" que ao seu xuízo demostrou o "se é que o segue a ser" o voceiro do PP no Concello de Pontevedra, Jacobo Moreira, que este pasado luns fixo unha encendida defensa da Lei que agora acaban vostedes de rexeitar
O BNG salientou a "incoherencia" do PP no Concello de Pontevedra
Finalmente Santos Héctor Rodríguez, voceiro e deputado do Grupo Provincial Socialista, dirixindose a prensa local de Pontevedra porque os deputados xa estamos todos convencidos subliñou a importancia do partido xudicial de Vigo e recordou que na provincia de Pontevedra esa medida suporá a desaparición dos 12 partidos xudiciais e unha fonda alteración do funcionamento da xustiza, da accesibilidade dos cidadáns e dos custos derivados.
En consecuencia, por unanimidade o Pleno acordou instar ao Goberno de España a retirada inmediata do proxecto de lei Poder Xudicial e tamén instar á Xunta de Galicia a reclamar do Goberno do Estado o mantemento dos partidos xudiciais da provincia de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Louzán convoca a 13 alcaldes para intentar paralizar a reforma xudicial de Gallardón
Por Redacción |
-
Moreira queda só no seu posicionamento fronte ao goberno local de Vigo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Tomás Fole tamén se rebela ante o novo mapa xudicial
Por Redacción |
-
Besteiro asegura unha demarcación única con cabeceira en Pontevedra "afasta a xustiza dos cidadáns"
Por Oskar Viéitez |
-
O PSOE provincial defende a chamada á mobilización de Abel Caballero polo novo mapa xudicial
Por Diego Espiño |